Unha das cancións populares máis fermosas, xuntos, pola Paz e lembrando aos seus seres queridos.
Digamos a todos os nenos, e a cada pai e nai, que
temos a oportunidade de compartir a esperanza na terra,". É o retrouso da
canción norueguesa "Os nenos do arcoiris", un tema do cantante de folk Lillebjon Nilsens, que hoxe resoa nas rúas
das principais cidades norueguesas.
A espectacular manifestación popular prodúcese
como reacción ás palabras de Anders Behring Breivik, o home que está a ser
xulgado polos atentados do pasado xullo en Oslo e Utoya, nos
que morreron 77 persoas. O acusado asegurou que odia esta canción porque,
segundo el, úsana nas escolas norueguesas para adoutrinar os nenos no marxismo.
A canción fala, entre outras cousas, de "un
ceo cheo de estrelas, un mar azul ata onde a vista alcanza, unha terra onde as
flores crecen, queres algo máis? A concentracións foran convocadas polas redes
sociais nas cidades de Oslo, Bergen,Stavanger, Trodheim e Hamar, entre
outras.
